26 dic. 2012

PLANETARIO NO COLE



A principios de decembro tivemos a gran sorte de contar no cole cun Planetario Móbil cortesía  de A CAIXA que nolo deixou tres días.
En pequenos grupos todos visitamos o Planetario. A algúns ao principio dáballes un pouquiño de medo entrar pero unha vez dentro, todos o pasaron moi ben.
Vimos o ceo en outono e coñecimos moitas constelacións como a Osa Maior, a Osa Menor, coñecimos a historia de Perseo e Andrómeda, ... Foi unha experiencia fantástica. Aquí vos deixamos algunha das fotos:



30 nov. 2012

VIDEO REAL SOBRE OS ASTRONAUTAS NUNHA ESTACIÓN ESPACIAL

Grazas a Fini, do blog MI GRIMORIO ESCOLAR, atopei este fantástico video sobre a vida dos astronautas dentro dunha estación espacial. Ollade, ollade,...

28 nov. 2012

A ASTRONAUTA ANALÍA

E seguindo con tema dos astronautas, aquí tedes unha fermosa poesía de Carmen Gil que se titula:  A Astronauta Analía:

26 nov. 2012

MÁIS SOBRE ASTRONAUTAS

Quen foi a primeira persoa que foi ao espazo? Ou non era un persoa? A que astronautas coñecemos? Hai mulleres astronautas? Estas e outras preguntas as respostamos examinando os libros que temos no noso recuncho do proxecto e buscando por internet.
Descubrimos que o primeiro ser vivo en ir ao espazo non foi unha persoa senón que era ... UN CAN!!!! máis concretamente UNHA CADELA  que se chamaba Laika, aprendimos o nome do primeiro home en ir ao espazo, IURI GAGARIN, da primeira muller, VALENTINA TERESHKOVA, e do primeiro home en pisar a Lúa, NEIL ARMSTRONG . Menudos nomes máis difíciles!!!!!! Para non olvidarnos do que aprendimos, cubrimos estas fichas:






E por suposto escoitamos a fermosa canción que o grupo Mecano adicou á cadeliña LAIKA:




E vimos este video homenaxe a Neil Armstrong que faleceu este pasado mes de agosto:


21 nov. 2012

OS ASTRONAUTAS


Ao longo de estos días estivemos a falar dos ASTRONAUTAS:



Aprendimos que para ir ao espazo hai que levar unha roupa especial e descubrimos como se chamaba a súa roupa:


Tamén  traballamos a atención:



E como tiñamos curiosidade por saber como vivían nas estacións espaciais vimos a seguinte aplicación:



http://www.esa.int/global_imgs/kids/KIDesLS_las.swf

16 nov. 2012

A NOSA PORTADA

Hoxe comezamos a traballar as primeiras fichas do proxecto do espazo. Empezamos por colorear a portada ,feita a partir dunha montaxe con dúas imaxes de Vladimir Zúñiga do blog FOCACLIPART. Así do bonita nos quedou:



E tamén de Vladimir Zúñiga, é o noso horario de clase:


Aquí vos deixamos a plantilla por se alguén tamén o quere utilizar. 



14 nov. 2012

OS RECUCHOS VAN TOMANDO FORMA...

De forma individual ou colectiva, dentro das aulas ou nos corredores, poquiño a pouco case todas as clases teñen habilitado un recuncho no que ir colocando todo o relacionado co proxecto.Aquí vos deixamos algunhas das fotos, cando todas as clases o teñan rematado, voltaremos a subir as fotos:


RECUNCHOS ESPAZO on PhotoPeach

10 nov. 2012

LETRAS ESPACIAIS

Agora que xa temos claro o que queremos aprender, chegou o momento de ir montando os nosos recunchos para o proxecto. Para empezar puxemos RUMBO AO ESPAZO cunhas fermosas letras espaciais que atopamos grazas ao blog RECURSOS DE EDUCACIÓN INFANTIL e que podedes atopar no seguinte enlace:


Aquí vos deixamos as que utilizamos nós:



MIRADE QUE BONITAS QUEDAN:


8 nov. 2012

QUE QUEREMOS SABER?


Unha vez que xa tiñamos máis que decidido que proxecto queriamos facer plantexóuxenos a seguinte cuestión:
QUE QUEREMOS SABER SOBRE O ESPAZO?
Para dar resposta a esta gran pregunta, en cada clase dividiuse o encerado en dúas metades, nunha as profes apuntaron cales eran as cousas que xa sabiamos sobre o tema e na outra que era o que queriamos saber. Aquí vos deixamos un exemplo:



Unha vez feita unha posta en común entre todas as clases, isto é o que sacamos en claro:



5 nov. 2012

PREPARADOS, LISTOS, ... DESPEGAMOS


                                                          Imaxe de Philip Martin

Empezamos novo curso e novo proxecto. Xa dende o ano pasado tiñamos en mente, cal queriamos que fose o noso primeiro proxecto así que ainda que barallamos outros que tamén nos gustaban moito: o corpo humano, os dinosaurios, os pintores, ...  decidimos que o noso proxecto ía ser sobre o ESPAZO.
Como nos pareceu un tema que lle soe gustar a todos os rapaces, decidimos comentarllo aos nosos compañeiros do cole e SABEDES QUE? AO FINAL TODOS OS NENOS DO COLEXIO PARTICIPARÁN no proxecto según as súas posibidades.

Manteremosvos informados de todo o que fagamos.