30 nov 2012
VIDEO REAL SOBRE OS ASTRONAUTAS NUNHA ESTACIÓN ESPACIAL
Grazas a Fini, do blog MI GRIMORIO ESCOLAR, atopei este fantástico video sobre a vida dos astronautas dentro dunha estación espacial. Ollade, ollade,...
28 nov 2012
A ASTRONAUTA ANALÍA
E seguindo con tema dos astronautas, aquí tedes unha fermosa poesía de Carmen Gil que se titula: A Astronauta Analía:
26 nov 2012
MÁIS SOBRE ASTRONAUTAS
Quen foi a primeira persoa que foi ao espazo? Ou non era un persoa? A que astronautas coñecemos? Hai mulleres astronautas? Estas e outras preguntas as respostamos examinando os libros que temos no noso recuncho do proxecto e buscando por internet.
E vimos este video homenaxe a Neil Armstrong que faleceu este pasado mes de agosto:
Descubrimos que o primeiro ser vivo en ir ao espazo non foi unha persoa senón que era ... UN CAN!!!! máis concretamente UNHA CADELA que se chamaba Laika, aprendimos o nome do primeiro home en ir ao espazo, IURI GAGARIN, da primeira muller, VALENTINA TERESHKOVA, e do primeiro home en pisar a Lúa, NEIL ARMSTRONG . Menudos nomes máis difíciles!!!!!! Para non olvidarnos do que aprendimos, cubrimos estas fichas:
E por suposto escoitamos a fermosa canción que o grupo Mecano adicou á cadeliña LAIKA:
E vimos este video homenaxe a Neil Armstrong que faleceu este pasado mes de agosto:
21 nov 2012
OS ASTRONAUTAS
Ao longo de estos días estivemos a falar dos ASTRONAUTAS:
Aprendimos que para ir ao espazo hai que levar unha roupa especial e descubrimos como se chamaba a súa roupa:
Tamén traballamos a atención:
E como tiñamos curiosidade por saber como vivían nas estacións espaciais vimos a seguinte aplicación:
http://www.esa.int/global_imgs/kids/KIDesLS_las.swf
16 nov 2012
A NOSA PORTADA
Hoxe comezamos a traballar as primeiras fichas do proxecto do espazo. Empezamos por colorear a portada ,feita a partir dunha montaxe con dúas imaxes de Vladimir Zúñiga do blog FOCACLIPART. Así do bonita nos quedou:
E tamén de Vladimir Zúñiga, é o noso horario de clase:
Aquí vos deixamos a plantilla por se alguén tamén o quere utilizar.
14 nov 2012
OS RECUCHOS VAN TOMANDO FORMA...
De forma individual ou colectiva, dentro das aulas ou nos corredores, poquiño a pouco case todas as clases teñen habilitado un recuncho no que ir colocando todo o relacionado co proxecto.Aquí vos deixamos algunhas das fotos, cando todas as clases o teñan rematado, voltaremos a subir as fotos:
RECUNCHOS ESPAZO on PhotoPeach
10 nov 2012
LETRAS ESPACIAIS
Agora que xa temos claro o que queremos aprender, chegou o momento de ir montando os nosos recunchos para o proxecto. Para empezar puxemos RUMBO AO ESPAZO cunhas fermosas letras espaciais que atopamos grazas ao blog RECURSOS DE EDUCACIÓN INFANTIL e que podedes atopar no seguinte enlace:
Aquí vos deixamos as que utilizamos nós:
Aquí vos deixamos as que utilizamos nós:
MIRADE QUE BONITAS QUEDAN:
8 nov 2012
QUE QUEREMOS SABER?
Unha vez que xa tiñamos máis que decidido que proxecto queriamos facer plantexóuxenos a seguinte cuestión:
QUE QUEREMOS SABER SOBRE O ESPAZO?
Para dar resposta a esta gran pregunta, en cada clase dividiuse o encerado en dúas metades, nunha as profes apuntaron cales eran as cousas que xa sabiamos sobre o tema e na outra que era o que queriamos saber. Aquí vos deixamos un exemplo:5 nov 2012
PREPARADOS, LISTOS, ... DESPEGAMOS
Imaxe de Philip Martin
Empezamos novo curso e novo proxecto. Xa dende o ano pasado tiñamos en mente, cal queriamos que fose o noso primeiro proxecto así que ainda que barallamos outros que tamén nos gustaban moito: o corpo humano, os dinosaurios, os pintores, ... decidimos que o noso proxecto ía ser sobre o ESPAZO.
Como nos pareceu un tema que lle soe gustar a todos os rapaces, decidimos comentarllo aos nosos compañeiros do cole e SABEDES QUE? AO FINAL TODOS OS NENOS DO COLEXIO PARTICIPARÁN no proxecto según as súas posibidades.
Manteremosvos informados de todo o que fagamos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)