27 feb 2013

O SOL

Imaxe tomada do blog COLORÍN COLORETE

Onte empezamos a ver o Sistema Solar e como non empezamos ... POLO SOL. Buscamos nos libros do noso recuncho do espazo, e vimos que o Sol é unha gran estrela que está no centro do Sistema Solar, que dende a Terra a vemos de cor amarelo, que está feita de gas e que é moi importante porque nos proporciona luz e calor. De feito aprendimos que as estrelas son os únicos astros que emiten luz, que senón houbese Sol, non existiría vida no noso planeta e que o Sol sae todos os días polo Leste e ponse polo Oeste.
Fixemos esta ficha:

Investigando un pouquiño máis sobre o Sol, descubrimos que os homes antigos para saber que hora era, utilizaban reloxos solares así que decidimos facer o noso. Ao principio iamos facer un para poñer no chan. Pero cada hora teriamos que saír a fóra para ver como ía pasando o tempo e non o podiamos facer . Así que buscando, buscando, atopamos unha páxina onde se podían facer RELOXOS DE SOL VERTICALES PARA COLOCAR ... NAS VENTÁS DA CLASE. Queredes saber como o fixemos? Ollade, ollade:

FACEMOS UN RELOXO DE SOL


Polo de agora non vos podemos dicir se funciona ou non porque ... ESTES DÍAS NON VEMOS O SOL POR NINGUNHA PARTE!!!!!!!

No blog de Mar Gómez, MIL RECURSOS EDUCACIÓN INFANTIL atopamos este conto "SOY EL SOL":


E a Nasa, estes días publicou un incrible video onde podemos apreciar con toda claridade  UNHA ESPECTACULAR CHUVIA DE LUME SOBRE O SOL, e dicir, unha "chuvia coronal" que é un raro fenómeno no que o plasma eyectado durante unha erupción volve ao Sol:


E se o que queredes e "ver" o vento solar, clicade no PLAY:



E hoxe comezamos cos planetas, pero iso ... volo contaremos noutra entrada

25 feb 2013

PINTANDO GALAXIAS



Despois de experimentar o noso particular BIG BANG, hoxe vimos que as Galaxias son grandes coleccións de pó, estrelas e gas; que hai moitas galaxias e con distintas formas: espirais, elípticas, irregulares,... ; que a nosa galaxía chámase Vía Láctea  e que se a miramos dende arriba ten forma de espiral. Para lembranos do aprendido fixemos esta ficha:


E despois de ver varias imaxes de galaxias,decidimos pintar a nosa propia. Con que as podiamos pintar? Queriamos facer algo orixinal así que ... por que non pintar con pompas de xabón? Trouxemos pomperos, mercamos colorantes alimentarios e...


21 feb 2013

A ORIXE DO UNIVERSO


Hoxe estivemos a falar na clase de como se orixinou o Universo. Limos nun libro, que o Universo se formou a partir dunha xigantesca explosión chamada: BIG BANG que ocurriu hai aproximadamente entre 10 e 20 billóns de anos. Nesta explosión, desprenderonse distintas partículas que ao enfriar se combinaron para formar galaxias, estrelas e planetas.
Nós, quixemos facer o noso propio: O BIG BANG. Desde aquí queremos darlle as grazas a Carol, do blog UN MUNDO DE PEQUEÑAS COSAS, xa que gracias a ela descubrimos esta páxina de  LA NARANJA MECÁNICA ,onde dun xeito didáctico e sinxelo, nos explican esta teoría:
Así o fixemos nós:

BIG BANG


Para afondar máis no tema, podedes ollar estes videos:




Ou clicar na imaxe de abaixo:

18 feb 2013

METEORITO EN RUSIA


Este venres un meteorito duns 17 metros de diámetro caeu en Chelyabinsk (Rusía). Aquí podemos ver o seu impacto gravado con tres cámaras distintas:

17 feb 2013

FICHAS DE ASTRONAUTAS E COHETES

Imaxe de http://www.triptrapkids.com

Estas son algunhas das fichas de lóxica-matemática que fixemos  sobre os astronautas e os cohetes:







E aquí vos deixo uns xogos para pasar un ratiño entretido:





11 feb 2013

TRES, DOUS ,UN ... DESPEGUE!


A semana pasada ,  estivemos a falar de COHETES e NAVES ESPACIAIS, e decidimos construir o noso cohete pero iso si, non queriamos un cohete calquera, queriamos un cohete que POIDESE DESPEGAR. Así que nos puxemos mans á obra.
Queredes saber como se fai? Lede atentamente as instruccións:


Así fixemos os cohetes:


Os nosos despegues:

9 feb 2013

UN ENTROIDO ESPACIAL

Onte celebramos no cole a Festa do Entroido. Polo Salón de Actos desfilaron cohetes, astronautas, os oito planetas, as estrelas, o Sol, a Lúa, meteoritos, buratos negros e non podían faltar o marcianos. Queredes velo?