A profe estivo investigando e descubriu unha páxina, AstroViewer que nos permite ver o ceo nocturno actual na cidade que queiramos. así que entramos, e como non nos aceptaban Ferrol, puxemos a cidade da Coruña e isto é o que vimos:
Cefeo, Casiopea, Perseo, a Osa Menor, a Osa Maior,... pero tamén Virgo, Leo, Geminis,... Así que falamos dos SIGNOS DO ZODÍACO e de que signo eramos según a nosa data de nacemento:
símbolo | constelación | nome galego ([1]) | significado | comezo | final | elemento | nº mes |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Aries | aries ou carneiro | carneiro | 21 de marzo | 20 de abril | Fogo | 03 | |
Taurus | tauro ou touro | touro | 21 de abril | 20 de maio | Terra | 04 | |
Gemini | xémini ou xemelgos | xemelgos | 21 de maio | 21 de xuño | Ar | 05 | |
Cáncer | cáncer ou cancro | cangrexo | 22 de xuño | 22 de xullo | auga | 06 | |
Leo | = | león | 23 de xullo | 22 de agosto | Fogo | 07 | |
Virgo | virgo ou virxe | virxe | 23 de agosto | 22 de setembro | Terra | 08 | |
Libra | libra ou balanza | balanza | 23 de setembro | 22 de outubro | Ar | 09 | |
Scorpius | escorpión | escorpión | 23 de outubro | 21 de novembro | auga | 10 | |
Sagittarius | saxitario | arqueiro | 22 de novembro | 21 de decembro | Fogo | 11 | |
Capricornus | capricornio | cabra | 22 de decembro | 20 de xaneiro | Terra | 12 | |
Aquarius | acuario | augador | 21 de xaneiro | 19 de febreiro | Ar | 01 | |
Pisces | pisces ou peixes | peixes | 20 de febreiro | 20 de marzo | auga | 02 |
Descubrimos que Erika era do signo de Aries porque naceu o 14 de abril, que Leticia era Virgo porque naceu o 2 de setembro, que Joni era Escorpio porque naceu o 24 de outubro , que Carlos era Cáncer porque naceu o 8 de xullo e que a profe era Libra porque naceu o 2 de outubro.
Vimos este video das constelacións zodiacais:
E cada un de nós fixo unha ficha do seu signo zodiacal:
Así de bonitas nos quedaron, fáltanos a ficha de Erika porque non nos dou tempo a facerlle a foto:
E por último na PDI, estivemos a facer as actividades do libro LIM que vos amosamos onte. Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades que ben o sabemos facer:
E por último na PDI, estivemos a facer as actividades do libro LIM que vos amosamos onte. Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades que ben o sabemos facer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario